Ata o último momento prometeu Fraga levar adiante a porfía do seu goberno saínte a prol dos cargos que queren quedar amarrados á Xunta con posto fixo. "Cremos de xustiza non abandonar a estes funcionarios que serviron fielmente a vostede Presidente e ao Goberno Galego nestes 15 anos e que, esperamos, volvan servir a un Goberno Galego Popular o antes posíbel", recollíase na carta que acompañaba a proposta do PP. Cualificada dende a CIG de "bomba orzamentaria que sangra os orzamentos públicos para moitos anos" e subliñando que "incorre en desviación de poder" porque só trata de "beneficiar os funcionarios afíns ao goberno do PP", a formación sindical vén de poñer na rede todo o conxunto de documentos que dan detalle da polémica.
Anteriores: