Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN SOBRE QUE VIÑA DE ABRIR CONTIÑA EXPLOSIVOS

Ferido grave un mozo na Coruña logo do estoupido dun artefacto na súa casa

O mozo coruñés, de 28 anos, tería recibido na súa casa da rúa Pascual Veiga, na Agra do Orzán, unha carta con acolchamento que contiña o explosivo. Segundo as primeiras informacións policiais, seu irmán subíralle o sobre da caixa de correo momentos antes do estoupido, que se produciu contra as 15h. Trasladado ao hospital, o último parte médico asegura que o mozo evoluciona favorabelmente dentro da gravidade, tén os tímpanos rotos e lesións en mans e ollos. Fontes da investigación citadas por varios medios, que vencellan presuntamente ao mozo con movementos independentistas, din non descartar a posibilidade de que fose el mesmo quen manipulaba o artefacto no canto de terlle chegado polo correo. A policía investiga arestora o tipo de explosivo utilizado e tenta determinar se o sobre era unha carta-bomba dirixida ao mozo ou se contiña material para montar un artefacto explosivo.

- 12:53 15/07/2005
Tags:


0/5 (0 votos)