O Consello Consultivo de Galiza ditaminou que "é contrario ao ordenamento xurídico" o decreto que pretende aprobar o goberno galego en funcións para consolidar a situación laboral dos altos cargos e funcionarios de libre designación da administración da Xunta de Fraga Iribarne. Segundo Europa Press, este ditame ten carácter preceptivo pero non é vinculante para o goberno galego en funcións. Fraga xustificou hoxe este decreto amparándose en que é semellante a unha lei estatal aprobada polo goberno de Felipe González e en que outras 11 comunidades autónomas tamén adoptaron este sistema mediante decreto.