Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS PLANS DE DEFENSA, EN MANS DOS PROPIETARIOS

Unha de cada sete parroquias galegas ten "especial risco de incendio forestal"

A consellaría de Medio Ambiente propón, no marco do Plan Infoga, a inclusión de 579 parroquias galegas como zonas de especial risco de incendios. Trátase dunha nova figura creada para a prevención de lumes e o regulamento de aproveitamentos forestais, que ten como obxectivo potenciar medidas especiais de protección nas áreas con incendios máis frecuentes ou de maior virulencia. A superficie incluída no mapa representa o 17% do total do territorio galego. Os datos demostran que unha de cada tres parroquias ourensás corren perigo de incendio.

- 15:50 13/07/2005
Tags:

Das 579 parroquias incluídas como zonas de especial risco de incendios, que representan o 15% das 3.794 existentes en Galiza, 116 sitúanse na provincia da Coruña (na que existen 939 parroquias); 42 en Lugo (1.267); 263 en Ourense (920) e 158 en Pontevedra (668).

Segundo se desprende do informe da Xunta, os traballos preventivos axeitados para as zonas de especial risco recolleranse nos plans de defensa. Neste eido, inclúense as actuacións que deben realizar os propietarios dos montes e os responsables das vías de comunicación e de calquera instalación situadas no contorno. No caso de gasolineiras, industrias pirotécnicas ou almacéns de materiais inflamables, os seus propietarios deberán manter limpa a vexetación nun perímetro de 50 metros.

Segundo establece o Decreto 21/2005 de prevención de lumes e regulamento dos aproveitamentos forestais, nas zonas de especial risco prohíbese a utilización do lume para eliminar restos de aproveitamentos forestais en calquera época do ano, agás xustificación técnica da inexistencia doutras alternativas.

Ademais, nestas áreas poderanse declarar perímetros de preferente ordenación para o pastoreo, para que esta actividade se desenvolva unicamente no interior de cercados. Prevese tamén a posibilidade de establecer axudas públicas para a elaboración de plans de aproveitamento gandeiro. Outra medida específica para estas áreas é o requirimento dunha autorización de Medio Ambiente para a realización de competicións de vehículos a motor.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: