Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
LOGO DAS BOMBAS EN LONDRES

O goberno británico leva ao Europarlamento a súa petición para o control do correo electrónico

O ministro de Exteriores do executivo Blair insistiu este martes no Parlamento Europeo no impulso de novos plans antiterroristas. Nese sentido defendeu que o custo das medidas necesarias para a retención de datos de chamadas telefónicas e mensaxes de correo electrónico é pequeno comparado coa valor da posibilidade de parar ataques terroristas. A iniciativa foi cualificada negativamente por algúns dos membros do Comité en Defensa das Liberdades Civís da institución europea.

- 08:31 13/07/2005
Tags:

O ministro inglés Jack Straw insistiulle aos eurodeputados en que se estaba esaxerando o custo de introducir este tipo de esixencias para as operadoras europeas de telecomunicacións e comentou que "non son precisamente as empresas máis pobres". "É un custo que podemos pagara para preservar a vida humana", dixo.

Straw opinou que "está probado que hai sistemas de control abondo para que ningunha liberdade civil se vexa ameazada pola retención e acceso a estes datos" malia que en último caso defendeu que "a protección de todos estará garantida en maior medida". Mentres diversos colectivos en defensa das liberdades civís veñen advertindo do ataque á privacidade dos cidadáns que supoñen este tipo de proxectos, dende o comité en defensa dos dereitos establecido no Parlamento Europeo, as voces máis críticas baséanse polo momento no argumento do elevado custo económico da iniciativa.

O código voluntario de boas prácticas que funciona actualmente no Reino Unido limítase polo momento ao detalle das comunicacións telefónicas e internáuticas, sen incluír polo momento a esixencia do acceso aos contidos desas comunicacións.


Ligazóns

0/5 (0 votos)