Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVAS TECNOLOXÍAS

Os editores galegos estrean o seu portal web

A Asociación Galega de Editores (AGE) vén de presentarlle aos medios o seu novo portal web. Unha páxina que, segundo aclarou o coordinador de contidos da empresa encargada da creación da web, Acordar, Manolo Barreiro "integra tres grandes espazos: un institucional con información sobre a propia AGE, outro informativo dirixido ao público xeral e que achega información sobre o mundo editorial e do libro e un terceiro de acceso só para os membros da asociación e que constitúe un comunidade de traballo".

- 12:45 12/07/2005
Tags:

A posibilidade de acceder dende o portal ás webs particulares de cada unha das 32 editoras que forman parte da AGE foi un dos temas máis destacado, como arma de imaxe corporativa e institucional da asociación. O apartado informativo da páxina contén novas, reportaxes e unha axenda na que se recollen os actos non só da AGE senón de calquera das actividades nas que participa algunha das editoras que a compoñen.

Como complemento a toda a información da web a AGE incorpora tamén un apartado de ligazóns vencelladas ao mundo do libro e "unha sección do tipo de preguntas frecuentes destinada ao público alleo ao mundo editorial onde se explica, entre outras cousas, que se pode facer para editar un libro", comentaba Manolo Barreiro.

Na presentación do portal ante os medios de comunicación participaron, ademais de Manolo Barreiro, o director da asociación Miguel Anxo Fernán Vello e o secretario da mesma, Manuel Bragado, que profundizaron na situación do mundo editorial galego e na necesidade de xuntar os esforzos das consellarías de Educación, Cultura e Industria para potenciar o sector.


0/5 (0 votos)