Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICAS PROPOSTAS LOGO DO ATENTADO DE LONDRES

Blair propón que a policía controle teléfonos e internet

As políticas antiterroristas seguen servíndolle de argumento aos gobernos para o lanzamento de medidas que na opinión de diversos colectivos atentan contra as liberdades civís. Exemplo é a iniciativa que o goberno británico volve poñer na mesa despois dos ataques da pasada semana: a creación dunha rede europea de control de persoas e mensaxes.

- 09:37 11/07/2005
Tags:

Non hai moito que lles contabamos dos proxectos que no eido do control das comunicacións manexaban os gobernos europeos. O Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia e España xa acordaran hai poucos meses avanzar no control das comunicacións telefónicas e internáuticas. Daquela a previsión era esixirlle ás operadoras que retiveses os datos cando menos durante un ano. Aproveitando as circunstancias especiais creadas logo do recente atentado o goberno Blair volve poñer na mesa a iniciativa e mesmo pide ampliar a cinco anos a retención dos datos.

A rede de vixiancia que compartirían os gobernos europeos permitiríalle ás autoridades policiais o acceso a todo tipo de comunicación telefónica e aos correos electrónicos que se intercambian os cidadáns. O ministro de Interior, Charles Clarke, precisou que non se accederá ao contido das mensaxes, senón simplemente aos rexistros da comunicación: os lugares dende onde se realiza, os números e o momento exacto. Clarke detallará as esixencias británicas na xuntanza de ministros de Interior e Xustiza que terá lugar en Bruxelas este mércores.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: