Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XUNTA REMITIU O PROXECTO DE DECRETO AO CONSELLO CONSULTIVO

Os cargos de libre designación da Xunta buscan blindar os seus soldos

"Cremos de xustiza non abandonar a estes funcionarios que serviron fielmente a vostede Presidente e ao Goberno Galego nestes 15 anos e que, esperamos, volvan servir a un Goberno Galego Popular o antes posíbel". Así remata a exposición de motivos dun proxecto de decreto que circula estes días polas dependencias da Xunta titulado "Asignación de posto de traballo aos funcionarios cesados en postos de alto cargo ou libre designación". Os autores do escrito, que foi remitido ao Consello Consultivo de Galiza, solicitan que aos funcionarios nesta situación se lles garanta a adscrición a un posto non inferior an dous niveis ao do seu grao persoal até que non obteña outra praza por libre designación ou concurso. Os sindicatos advertiron que emprenderán accións xudiciais se o goberno en funcións blinda os altos cargos ou os postos de libre designación.

  • Reclamacion dos funcionarios con postos de libre designación, texto da exposición de motivos e bosquexo do decreto (.doc)
  • Anteriores:
  • Medio cento de altos cargos, nomeados a dedo, buscan praza fixa
  • A saída dos cargos de confianza

  • - 11:57 07/07/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: