Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRÍTICAS AO PROXECTO FERROVIARIO PARA GALIZA

Défice e atrasos do novo tren

"Ao ritmo que imos vaise repetir o acontecido no S. XIX, cando o tren comezou a circular en Galiza con décadas de atraso respecto ao resto do Estado". Así o advertía este martes Miguel Rodríguez Bugarín, catedrático da Universidade da Coruña, no seminario da UIMP sobre infraestruturas. Contámoslles por outro lado que o novo plan do goberno portugués adía os prazos para a conexión de alta velocidade con Galiza, en beneficio da liña que conectará Lisboa con Madrid.

- 07:55 06/07/2005
Tags:

Os expertos reunidos no seminario co que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo propón o debate sobre as infraestruturas galegas coincidiron especialmente na crítica do proxecto que o ministerio de Fomento pretende mixto para a liña de alta velocidade a Galiza. Na opinión do propio Bugarín, a mestura do transporte de pasaxeiros e mercadorías non vai permitir que as liñas cara á meseta sexan abondo competitivas e permitan un traxecto por baixo das tres horas a Madrid. Alén de pedir un novo tren exclusivo para pasaxeiros, a falta de planificación e o probábel incumprimento dos prazos apareceu tamén entre as críticas.

Por outra banda, contámoslles que o avance do plan de investimentos en liñas de alta velocidade do goberno portugués confirma que non se van cumprir os prazos fixados inicialmente. Así, dos preto de 15 mil millóns de euros previstos e á espera de ver os investimentos privados que se poden sumar aos proxctos o executivo Sócrates deixa o orzamento en apenas 1.500 millóns deica 2009, ano para o que se agardaba a liña O Porto-Vigo. Así, a vía Lisboa-Madrid pasa agora a ser prioritaria.


Ligazóns

0/5 (0 votos)