Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
ALTOS CAMBIOS

A saída dos cargos de confianza

Sen que haxa datos oficiais dende a Xunta nin dende as organizacións sindicais cada un fai os seus cálculos e a cifra de altos cargos de confianza e funcionarios de libre designación que comezarán a abandoar a administración e as empresas que dependen dela achégase ás 2.000 persoas.

- 10:00 29/06/2005
Tags:

Arredor de 70 secretarios e directores xerais, ademais dunha cincuentena de delegados provincias abandoarán a administración pública de xeito paulatino ata as primeiras semanas de agosto, xa que a mediados dese mes celebrarase o acto de investidura de Emilio Pérez Touriño como presidente da Xunta. Pero o abandono de despachos e a recollida das mesas non vai parar aí, senón que se vai estender a máis dun cento de membros dos gabinetes dos conselleiros, entre xefes de gabinete, asesores e persoal de prensa. Outro tanto pódelles pasar ao subdirectores xerais, aos directores de oficinas do Servizo Galego de Colocación ou das residencias de maiores, etc.

As empresas con participación do goberno como a CRTVG, Turgalicia ou a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) tamén se van ver afectadas polo cambio de goberno e, nalgúns casos, parte do seu 'staff' xa comezou a súa 'recolocación' noutras empresas.


0/5 (0 votos)