Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BÁSQUET

Fran Vázquez vai para Orlando

O pívot chantadino de 22 anos será xogador dos Orlando Magic, logo de ser elixido por este equipo a quen lle correspondía a undécima quenda de selección. "Estou orgulloso de que me seleccionasen os Magic", dixo Vázquez en rolda de prensa, "polo que sei deles teñen unha mestura perfecta de talento, experiencia e xoves promesas. E estou seguro de que vou traballar ben duro para facer as cousas ben. (...) O primeiro: mellorar o meu inglés para asimilar axiña todo o necesario sobre o novo estilo de xogo".

- 09:44 29/06/2005
Tags:

A NBA, a liga profesional de básquet estadounidense, pon así a un galego en posto destacado entre as súas futuras estrelas, cumprindo o prognóstico de que Fran Vázquez entraría nalgunha das catorce primeiras prazas do draft. Lembremos que isto non significa que Vázquez xogue automaticamente na NBA a vindeira tempada, aínda que é o máis probábel, e si só que os Orlando Magic mercaron os dereitos de Vázquez para xogar na liga profesional estadounidense.

O chantadino é o primeiro galego en chegar ata aquí, e pode converterse no segundo xogador de básquet en pisar os parqués estadounidenses, logo da participación de Fernando Romai nas Olimpíadas dos Ánxeles, hai 21 anos.

Orlando é unha cidade moi turística situada no centro da Florida (costa leste) e nunha zona de lagos. Ten 170.000 habitantes, e se queren ir a vivir para aló, deben saber que ten que vacinar e inscribir cans e gatos, que ten 90 días para sacarlle a licencia á embarcación, e que debe censarse en dez días para mandar os nenos á escola, abrir un negocio ou aceptar un emprego.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: