Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN APOIO DAS VÍTIMAS

Todos xuntos "contra a tortura"

A negación dos sucesivos gobernos dos casos de tortura, a duración dos procesos, os indultos, o mantemento do réxime de incomunicación, a falta de criterios para avaliar as indemnizacións por estes delitos, a subestimación dos danos causados por tortura e malos tratos e a falta de axudas gobernamentais... Eran estas algunhas das denuncias que hai poucos meses realizaba a nivel estatal Amnistía Internacional. Con motivo do día internacional en apoio das vítimas da tortura, este venres 24, en Galiza teñen lugar esta semana diversas actividades.

- 08:53 23/06/2005
Tags:

A Comisión de Denuncia da Galiza, o colectivo Komunal, e o Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Libertades de Esculca, celebran varios actos o vindeiro venres 24 en Ourense. Ás 20h haberá unha acción teatral na praza do Ferro a cargo do grupo Maricastaña. Ás 20h30 e na librería Torga falarán nuha mesa redonda, Cecilia Bello do grupo local de Amnistía Internacional, e Fran del Buey da Asociación PreS.O.S.

Os colectivos humanitarios gaban que o Estado español asinase recentemente, é o oitavo país que o fai, o "Protocolo Facultativo da Convención contra a Tortura e Tratos ou Penas Crueles, Inhumanas ou Degradantes" adoptado polas Nacións Unidas o 18 de decembro do 2002. O goberno comprométese así a permitir sin nengún tipo de restricción a visita, sin previo aviso, de expertos do Subcomité para a Prevención da Tortura a "calquer lugar baixo a sua xurisdicción e control onde se atopen ou poideran atoparse persoas privadas de libertad, ben por orden dunha autoridade pública ou a instancia sua ou co seu consentimento expreso ou tácito".


Ligazóns

0/5 (0 votos)