A escola unitaria de Pantín, en Valdoviño será o escenario da homenaxe aos mestres republicanos dese concello que foron represaliados logo do alzamento militar franquista de 1936. A cita, organizada por Memoria Histórica, vai ter lugar o vindeiro sábado 25 no centro unitario e contará coa inauguración dunha escultura e unha placa ademais dun percorrido pola mostra A educación na II República e a proxección da película A lingua das bolboretas.