Philip Cooney traballara anteriormente para o grupo de presión do American Petroleum Institute, e formaba parte do amplo equipo de colaboradores do goberno Bush vencellado a negocios petroleiros. Iso non foi obstáculo para que o integrasen no chamado "Consello de Calidade Ambiental". The New York Times vén de revelar hai poucos días que foi el o encargado de facer peneira dos informes científicos que lle advertían ao goberno sobre os efectos do cambio climático no planeta. O seu labor: minimizar os avisos falseando estes documentos. Logo de coñercerse a historia, anunciouse a súa demisión. Agora coñécese que a maior petroleira mundial xa lle fixo un oco no seu cadro.