Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XIRA DE DESPEDIDA DO GRUPO

Último verán cos Diplomáticos de Monte Alto

"Esta última travesía do noso barco pretende celebrar o 15 aniversario co maior expoñente da festa.... vostedes mesmos". Así veñen de anunciar a súa despedida os Diplomáticos. O grupo de Monte Alto iniciará en breve a súa última xira polos escenarios musicais galegos, con despedida final o próximo mes de setembro. A primeira oportunidade para velos este verán será no Festival de Ortigueira, o día 10 de xullo. "Permanezan atentos porque o último desembarco, pode ser no seu porto".

- 08:55 14/06/2005
Tags:

"Gustaríanos agradecer aos compañeiros de ruta: seguidores,
técnicos, promotores, comisións de festas, medios de comunicación e compañeiros de profesión, o apoio a este humilde proxecto durante todos estes anos". Os coruñeses comunican así a súa disolución logo de quince anos facendo historia na música galega e con seis discos editados: Arroutada Pangalaica (1991), Parrús (1993), Avante Toda (1995), Fumareu (1998), Capetón (1999) e Komunikando (2003).

"Isto non é un adeus, senón un ata agora, posto que seguiremos komunikando nos camiños do vento!!!". Nesta última xira pacticiparán "todos os compañeiros de ruta que, durante estes anos, fixeron posible este proxecto".


Ligazóns

0/5 (0 votos)