"Concluímos que existen as condicións fixadas polo Estatuto do tribunal para a apertura dunha investigación", decidiu a fiscalía do TPI. Ábrese así de xeito oficial o proceso sobre os crimes de guerra e contra a humanidade presuntamente cometidos nesta rexión sudanesa nos últimos anos. O tribunal xa tén na mesa o informe onde unha comisión das Nacións Unidas debulla unha serie de probas que servirán de base para xulgar os sucesos, así coma unha lista de máis de medio cento de sospeitosos de teren responsabilidade directa nos crimes.