Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS DE 140 INSTITUCIÓNS E COLECTIVOS APOIAN A MARCHA

Apoio masivo á manifestación polo translado de ENCE

Os organizadores da manifestación que terá lugar esta tarde en Pontevedra baixo o lema "Pola recuperación da ría, pola saúde, por máis postos de traballo: Ence, fóra da ría" mostraron a súa satisfacción polo apoio masivo que están recibindo de máis de 140 institucións, entidades e colectivos. O profesor de filosofía Ramón Regueira será o encargado de ler o manifesto ao remate. Regueira é un home, segundo os organizadores," moi querido e coñecido en Pontevedra", profesor durante moitos anos nun centro da cidade e fundador da Aula Castelao de Filosofía e do Ateneo de Pontevedra. Por outra parte, lembrámoslles que a Plataforma pola Defensa da Ría acaba acaba de publicar unha web baixo o título Ence busca sitio e ADEGA ofrece a posibilidade de descargar aquí a volantina da manifestación. A marcha sairá ás 8:30 desta tarde da Praza da Ferrería.

  • Anteriores: Pontevedra bule en vésperas da manifestación
  • O movemento ecoloxista galego estará na manifestación polo traslado de ENCE
  • Os alcaldes da comarca chaman a participar na marcha pola recuperación da ría
  • No escáner: Algo cheira a podre en Pontevedra
  • Máis información en Vieiros Pontevedra

  • - 20:23 04/06/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)