Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BUSH CUALIFICA DE ''ABSURDO'' O INFORME DO O COLECTIVO

Amnistía di que é o recurte de dereitos humanos o que pon en perigo a seguridade

"É violando os dereitos humanos, non protexéndoos, como se pon en perigo a seguridade", afirmou Dick Oosting, director da oficina de Amnistía Internacional en Bruxelas, durante a presentación do último informe da asociación. O estudio chega para advertir da paradoxal situación aberta por políticas definidas dende os gobernos coma antiterroristas que á fin facilitan o que presuntamente queren combater. Mentres, nos EEUU o presidente Bush respondeu as críticas do colectivo insinuando que Amnistía axúdalles aos terroristas coas súas campañas e defendendo que o seu goberno é o "principal promotor da liberdade" no planeta.

- 07:06 01/06/2005
Tags:

"O respecto aos dereitos humanos descríbese a miúdo coma un obstáculo para combater o terrorismo, pero esta nova análise amosa que a seguridade vese en realidade menoscabada cando non se respectan os dereitos humanos básicos e o Estado de dereito", advertiu Oosting.

Amnistía examina no seu informe as iniciativas antiterroristas xurdidas nos últimos tempos da UE no ámbito do dereito penal. O estudio foille presentado ao coordinador de antiterrorismo da Unión Europea, Gijs de Vries. Entre as prácticas analizadas pola asociación están as listas negras de presuntos terroristas; a orde de detención europea; o establecemento de normas mínimas sobre os dereitos dos detidos e acusados en procedementos penais; a adminibilidade de probas obtidas con tortura ou a extradición e expulsión de presuntos terroristas a terceiros países.

Do exame deses apartados, Amnistía Internacional concluíu que o "concepto de guerra contra o terror" está contribuíndo a crear "un limbo xurídico que non lle beneficia a ninguén e moito menos á seguridade".


0/5 (0 votos)