As rúas da cidade herculina levan xa uns días sufrindo os ensaios dos actos do Día das Forzas Armadas, dos que se amosa especialmente satisfeito o alcalde da Coruña. Son as mesmas rúas que non hai moito, comas as doutras cidades e vilas, se enchían en manifestacións para berrar o "Non á guerra". Nunha entrevista na Cadena Ser, Francisco Vázquez anuncioulle ao ministro de Defensa, José Bono, que "ten a cidade en situación de revista para cando chegue".