Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS EEEU SUMAN A METADE DO INVESTIMENTO MILITAR MUNDIAL

Máis cartos para armamento, menos para axuda ao desenvolvemento

A tendencia é especialmente evidente nos últimos anos, dende os atentados do 11S, que marcou un punto de inflexión no que na década anterior parecía ser unha tímida pero significativa reducción dos investimentos en armamento.

- 09:27 27/05/2005
Tags:

Segundo o informe do Instituto Internacional de Investigación da Paz, en Estocolmo, os investimentos militares sumaron no 2003 o 2,7% do PIB mundial, 123 euros por habitante. Trátase de niveis de gasto en armas só acadados durante a guerra fría. Á beira, os propios datos do Banco Mundial ou do Fondo Monetario Internacional amosan incrementos neste apartado de ata o 18% no conxunto de Estados.

O billón de dólares que no último ano sumou o gasto militar en todo o mundo, multiplica por máis de dez veces as cantidades destinadas a axuda oficial ao desenvolvemento. Ademais, e malia ás promesas que abrollan nos discursos dos líderes políticos, os tímidos aumentos nas cantidades para a axuda, en equivalencia, quedan moi por baixo do compromiso das décadas anteriores. A galería de comparativas é habitual nas denuncias dos colectivos humanitarios.

Exemplos:
-o que no mundo se gasta en armas durante catro días chega para garantirlle a escolarización a 120 millóns de cativos.
-cos 75 mil millóns gastados nos primeiros meses da guerra de Iraq podería dárselle educación a toda a infancia e acceso a servizos sanitarios básicos a toda a poboación mundial


0/5 (0 votos)