Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS DE 2.000 SINATURAS DE APOIO AO MANIFESTO

Acto cívico no nome da esperanza

Máis de 2.000 persoas asinaron xa o manifesto "No nome da esperanza, xa vai" que recolle as aspiracións dun grupo de cidadáns dispostos a que mude a situación política de Galiza. Os promotores desta iniciativa convocan a toda a cidadanía ao acto de presentación en Santiago do manifesto que ten lugar este sábado 28 de maio dende as 12:00 no Teatro Principal.

- 11:00 28/05/2005
Tags:

O acto de presentación do manifesto titulado "No nome da esperanza, xa vai", conta coa presenza de persoeiros do ámbito cultural como Suso de Toro, Manuel Rivas, Marilar Aleixandre, María Lado, Estevo Creus, Mabel Ribera, Anxo Guerreiro ou Barreiro Rivas. Durante o acto está prevista a intervención do cantante Paco Ibáñez, símbolo da loita antifranquista no estado español, que estreará unha canción en galego.

O manifesto está concibido como un chamamento público para colaborar de forma activa na consecución dunha sociedade libre, moderna e tolerante, responsable e disposta a traballar para avanzar na democracia, no autogoberno e no desenvolvemento económico e social de Galicia.

O acto está organizado por Iniciativa Cidadán co apoio de organizacións como Adega, Burla Negra, Cidadáns polo Cambio, Pola Esquerda, Teenses pola Igualdade e Xustiza e Sociedade, entre outras.


Ligazóns

0/5 (0 votos)