Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME

Amnistía denuncia a "indiferenza" fronte aos abusos e as torturas

Nun total de 79 países houbo probas claras de que a liberdade de expresión está prohibida ou restrinxida; 42 Estados practicaron detencións sen cargos; de 104 países recibíronse denuncias por torturas e abusos practicadas polas forzas de seguridade... Son algunhas das cifras que a primeira vista destacan do balanzo do último ano que Amnistía Internacional realizou sobre a situación dos dereitos humanos no planeta. O informe, que critica tamén os excesos dos EEUU, xa foi cualificado dende o goberno Bush coma "ridículo".

- 07:10 26/05/2005
Tags:

"A guerra contra o terrorismo semellou ser máis efectiva na erosión dos principios internacionais de dereitos humanos ca na loita contra o terrorismo internacional", criticou Aministía na presentación do seu Informe 2005, "Os dereitos económicos, sociais e culturais das comunidades marxinadas quedaron case completamente desatendidos". O colectivo denuncia que a comunidade internacional deixou milleiros de persoas abandonadas á súa sorte en crises humanitarias e conflitos esquencidos mentres destinaba fondos a un presunto combate ao terrorismo.

Fronte ás "hipocrisías políticas" e os abusos contra a xente "en todos os recantos do planeta", Amnistía quixo destacar tamén algún refacho para o optimismo, que na opinión dos autores do informe viría do "crecemento da forza dos chamamentos para a reforma da maquinaria de dereitos humanos da ONU" da campañas para "facer que as empresas sexan máis responsábeis, afortalar a xustiza internacional, control de armas...". Segundo subliñan, todas estas causas a prol das cales traballan activistas e grupos en todo o mundo ofrcen "oportunidades para o cambio positivo".


Ligazóns

0/5 (0 votos)