Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONGRESO INTERNACIONAL DE EDUCACIÓN PARA A PAZ

Pérez Esquivel di que "os gobernantes non queren escoitar os pobos" e pídelle "rebeldía" aos cidadáns

"Imos por mal camiño", dixo este luns en Compostela Adolfo Pérez Esquivel. O premio Nóbel da Paz puxo o caso da guerra de Iraq coma exemplo de como "os gobernos ignoran a voz dos cidadáns", que neste caso se pronunciaran con claridade contra o conflito bélico. Na opinión do escritor arxentino boa parte do problema está no "conformismo e a falta de resistencia" dos cidadáns. "Necesitamos pensamento propio fronte a pensamento único", afirmou Esquivel ao tempo que pedía "fuxir das falsas inseguridades" fomentadas polos gobernos para non rematar "en tiranías, no canto de democracias". O Nobel destacou o outro chanzo cara a paz no compromiso contra as "exclusións sociais", denunciando que a globalización supoña "a universalización da fame e a guerra e a morte das culturas". O programa para este martes na web do Seminario Galego de Estudos para a Paz.

- 09:12 24/05/2005
Tags:


0/5 (0 votos)