Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

Touriño di que Feijoo lle copiou a proposta para a supresión da peaxe de Rande

Eliminar o pagamento no treito actual da autoestrada entre Pontevedra e Vigo e poñer unha nova peaxe na futura vía entre as dúas cidades que compromete o Plan Galiza foi a idea presentada este luns polo conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo. E segundo o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, esa é xustamente a iniciativa que prometera explicar hai xa uns días e que promete presentar en breve "con números e o aval do ministerio de Fomento". "Hai que ter cara dura para presentar esa proposta sen falar coas institucións competentes", criticou Touriño.

- 07:24 18/05/2005
Tags:


0/5 (0 votos)