Lourenzo Varela (1916-1978), o escritor que este ano é homenaxeado co Día das Letras, botou só 6 anos da súa vida en Galiza. O resto pasouno entre España, Francia, México, Venezuela, Uruguai e Arxentina, mantendo a lingua e organizando unha resistencia cultural dobremente complexa. En Vieiros quixemos analizar este ano a pervivencia do idioma na emigración. E comprobamos como os galegos gastan 240 € en promover o español por cada euro que lle dedican ao galego. O especial tamén recolle termos para un dicionario da emigración, inclúe un concurso co premio dun enciño (ou un angazo), e o agasallo dunha serie de fondos de pantalla cedidos polo fotógrafo Delmi Álvarez, pertencentes á súa colección Galegos na Diáspora. E, por suposto, todo sobre Lourenzo Varela e os actos deste 17 de maio, con especial atención ao mundo do ensino.