Un grupo de persoas relacionadas co mundo da arte e da cultura promoveu na rede unha recollida de sinaturas para que a consellaría de Cultura poña fin ao que consideran "o desmantelamento do Centro de Arte Contemporánea de Galiza" e ademais para que "se readmita ás profesionais que están sendo despedidas". Segundo denuncian, a estabilidade do CGAC está en perigo e os últimos despedimentos "está deixando baleiro de profesionais o centro. Máis de 200 persoas xa asinaron este manifesto titulado "Cultura en Galiza".