Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

Sondaxes: Retroceso do PP e a maioría absoluta pendente dun fío

As edicións dominicais de El País e El Correo Gallego achegan dous inqueritos que evidencian a erosión electoral do Partido Popular e mais as súas dificultades para renovar a maioría absoluta. En ambas as dúas sondaxe a suma de votos do PSdeG e o BNG superan os sufraxios conservadores.

- 14:46 08/05/2005
Tags:

Afiánzase a necesidade dun cambio político
A suma porcentual da intención de voto do PSOE e BNG, sitúaos case cinco puntos por riba do PP, segundo a sondaxe publicada do xornal madrileño, e dous puntos e medio, atendendo aos datos do rotativo compostelán.

Segundo o rotativo madrileno, o PSdeG atinxiría algo máis dun terzo dos votos sumando 27 escanos, a sondaxe de El Correo Gallego sinálalle un abano de 22 a 25 deputados cunha porcentaxe de votos moi semellante (32,1%). Ambos dos dous medios apuntan a que o BNG se move entorno ao 16-17% dos votos, acadando unha representación que se situaría entre 11 e 14 deputados.

Un 57,4% das persoas entrevistadas para El País consideran que é necesario un cambio de goberno e un 45,2% manifestan que o PP non volverá ter maioría absoluta e considerán que isto sería positivo para Galiza, valorando como necesaria a coalición PSdeG-BNG como fórmula de goberno. Un 66% dos entrevistados entenden que Manuel Fraga non está capacitado para gobernar catro anos máis.

Retroceso do voto conservador
O PP acadaría entre 36 e 37 asentos no Parlamento galego segundo o traballo do Instituto Opina e entre 36 e 39 escanos, segundo, a sondaxe realizada por Anova Multiconsulting para El Correo Gallego que indica que só cunha participación masiva Manuel Fraga acadaría a maioría absoluta.

El Correo Gallego subliña que os retrocesos electorais do Partido Popular en Lugo e Pontevedra e unha maior solidez na provincia da Coruña e Ourense. A sondaxe de El País sinala igualmente unha elevada erosión do voto conservador en Pontevedra e Lugo, pero tamén na Coruña onde o PP perdería até seis puntos.

A repartición de escanos
Sondaxe de El País
PP: 36-37 (45,8%)
PSOE: 27 (33,9%)
BNG: 11-12 (16,3%)

Sondaxe de El Correo Gallego
PP: 39-39 (47,3%)
PSOE: 22-25 (32,1%)
BNG: 14 (17,6%)

Desemprego: o principal problema
Ambas as dúas sondaxes, realizadas nos derradeiros días de abril e primeiros de maio, coinciden en indicar que o desemprego é o problema que máis preocupa aos galegos. No xornal madrileño, asemade, recóllese que un 56% dos encuestados cren que a situación económica de Galiza é peor que no resto do Estado e un 46,7% entende tamén que o Goberno Central trata mellor a outras Comunidades Autónomas que a Galiza.


Ligazóns

0/5 (0 votos)