Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUNTANZA DOS MINISTROS DE FOMENTO

Mantense a meta do 2009 para o AVE Vigo-O Porto

En catro anos debera entrar en funcionamento a liña de alta velocidade ferroviaria entre as dúas cidades, de cumprírense os prazos subliñados nas reunións anteriores en Figueira da Foz e Santiago de Compostela. Sgundo o falado en Lisboa este mércores polo ministro portugués, Mário Lino, e a ministra española, Magdalena Álvarez, o AVE da eurorrexión estaría así en uso mesmo antes ca o treito proxectado entre a capital lusa e Madrid, con prazo de inauguración para o 2010.

- 06:20 05/05/2005
Tags:

O goberno portugués comprométese a darlle impulso á construcción da liña Vigo-O Porto de xeito que poida cumprirse co prazo establecido, e toda vez que a ministra de Fomento española lle garantiu que os avances realizados pola beira galega na vía Ferrol-Vigo permitirán chegar a tempo a esa data, e conectar a rede ferroviaria galega coa portuguesa. O proxecto incluirá nova liña, electrificada, de largo internacional e utilizábel tanto para viaxeiros coma para mercadorías.

O uso para mercadorías foi precisamente un dos puntos iniciais de desacordo, xa que o goberno luso amosou a súa preocupación pola posibilidade de que o dobre uso aumentase os tempos medios de viaxe, especialmente na liña Lisboa-Madrid. O acordo asinado polos dous gabinetes inclúe tamén o compromiso para outras dúas vías: Aveiro Salamanca, con data para o 2015 e Faro-Huelva, para o 2018.


Ligazóns

0/5 (0 votos)