Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUNTANZA DOS MINISTROS DE FOMENTO

Un AVE Vigo-O Porto para o 2009?

Na axenda de traballo para este mércores de Magdalena Álvarez, por parte do goberno Zapatero e Mario Lino, ministro de Fomento do goberno Sócrates, está un asunto de interese estratéxico para a eurorrexión Galiza-Norte de Portugal: a promesa de tren de alta velocidade entre as cidades do Porto e Vigo.

- 14:38 04/05/2005
Tags:

Os agoiros dos últimos meses non son bos: a finais do 2004 o presidente da Xunta, en xuntanza con empresarios galegos e portugueses en Lisboa, poñía en dúbida o proxecto e hai dous meses, o propio alcalde do Porto e presidente da eurorrexión, Rui Río, malia confiar en que a obra se levase a cabo, amosaba a súa preocupación polo cumprimento dos prazos.

O compromiso inicial era que entrase en funcionamento mesmo antes que a liña Lisboa-Madrid, prevista para o 2010. Actualmente habería desacordo ademais entre os gobernos español e portugués en canto á opción dun tren mixto, pasaxeiros e mercancías, opción defendida dende Madrid, ou exclusivamente de pasaxeiros, opción preferida dende Portugal e apoiada tamén pola Xunta.


0/5 (0 votos)