O Partido Popular de Galiza ten unha innegábel presenza no mundo real, pero non hai quen o atope no virtual. O PPdeG é probabelmente a única organización política con responsabilidades de goberno que non dispón de páxina web en toda Europa.
A menos de dous meses das eleccións autonómicas, o partido liderado por Manuel Fraga non só non ten un dominio propio (na actualidade utilizan o www.pp.es/galicia, en obras desde hai máis dun ano) senón que nin sequera activaron unha web para o seu candidato, como xa fixo Touriño e vai facer Quintana, cunha páxina propia ou a través dun blog.
Lembrámoslles por exemplo que nas últimas eleccións vascas nos só todos os candidatos dispuñan de web, senón que a maior parte deles e algúns cargos dos partidos mesmo elaboraban un blog electoral.
Con todo, as posibilidades dun dominio propio para o seu candidato son complicadas: fraga.com está en venda; fraga.es, remite á páxina do Goberno de Aragón; fraga.org; á web do concello aragonés de Fraga e fraga.net a unha páxina de contido pornográfico.