Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

O PP podería perder a maioría absoluta, segundo unha enquisa

O PP estaría máis perto de perder a maioría absoluta que de conservala, segundo a sondaxe telefónica realizada entre os días 25 e 27 de abril para o xornal La Razón. Con todo, a enquisa manexa abanos de posibilidade moi amplos: outórgalle entre 39 e 35 deputados ao PP; entre 23 e 19 ao PSdeG e 17 ou 16 ao BNG. Estes resultados reflicten que o PP perdería entre 2 e 6 deputados, o PSdeG gañaría os que perde o PP e o BNG conservaría os deputados que ten na actualidade, aínda que podería perder un. En termos porcentuais, o PP pasaría do 52% que logrou en 2001 ao 46,1% que conseguiría agora, segundo a enquisa. O PSdeG-PSOE alcanzaría case o 30% dos votos e o BNG quedaría como terceira forza co 22,1%, menos dun punto por debaixo das últimas eleccións autonómicas. Porén, máis do 54% dos entrevistados cre que Fraga será o próximo presidente, o 22% Touriño e só o 5,1% o candidato do BNG, Anxo Quintana.

  • Anteriores sondaxes e máis información sobre o 19-X

  • - 12:59 02/05/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)