Máis de 30.000 persoas manifestáronse o pasado sábado sobre a ponte internacional Gualeguaychú, entre Arxentina e Uruguai, contra a instalación de dúas factorías de celulosa en Fray Bentos. Unha das plantas pertence a ENCE e outra á finlandesa Metsa-Botnia. Baixo o lema "Non ás papeleiras" os manifestantes colapsaron durante 6 horas a ponte internacional para reivindicar que o novo goberno de Uruguai, presidido polo líder da Fronte Ampla, Tabaré Vázquez, e o presidente do executivo arxentino Néstor Kirchner impidan a instalación das dúas factorías.