Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

O BNG renova o seu grupo parlamentario

O BNG pretende renovar case na súa totalidade o grupo parlamentario. Só 2 dos actuais 17 deputados repiten nas listas en postos de saída. Son Bieito Lobeira e Ana Pontón, os dous máis novos e ambos membros da UPG. Outros poderían repetir na cámara despois de varias lexislaturas. É o caso de Pablo González Mariñas, que coordinou os traballos do Foro do Novo Estatuto e ocupa o posto número 7 pola Coruña. Só sairía se o BNG consegue un deputado máis por esa provincia que nas anteriores eleccións. As listas están confeccionadas segundo un modelo paritario, coa mesma presenza de homes ca de mulleres. A organización nacionalista comeza esta semana o proceso no que as listas deberán ser votadas polas asembleas comarcais e posteriormente ratificadas polo Consello Nacional do BNG.

- 07:24 02/05/2005
Tags:

A CORUÑA
1. Anxo Quintana González.
2. Ánxela Bugallo Rodríguez.
3. Carlos Aymerich Cano. Profesor da Facultade de Direito da Universidade da Coruña. Oleiros (A Coruña). Deputado do BNG no Congreso dos Deputados na pasada lexislatura. Secretario de Acción Institucional da Executiva Nacional do BNG.
4. Ana Pontón Mondelo. Santiago. Secretaria de Acción Xuvenil da Executiva Nacional do BNG. Deputada na pasada lexistatura. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración.
5. Fernando Blanco Parga. As Pontes. Sindicalista. Membro do Comité de Empresa de ENDESA.
6. Ana Luisa Bouza Santiago. Empregada de banca. Membro do Consello Nacional do BNG.
7. Pablo González Mariñas. A Coruña. Profesor Titular de Dereito Administrativo da USC. Foi voceiro e conselleiro da Presidencia da Xunta de Galiza no Goberno tripartito.
8. Rosana Pérez Fernández. Administrativa. Voceiro do Grupo Municipal do BNG na Pobra do Caramiñal.

LUGO
1. Fernando Blanco Álvarez.
2. Mª Xosé Veiga Buxán. Membro do Goberno Municipal de Monforte (concelleira de Facenda, emprego e Réxime interior). Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago, profesora no IES A Pinguela de Monforte. Membro do Consello Nacional do BNG.
3. Manuel Parga Núñez. Voceiro municipal do BNG en Burela. Membro do Consello Nacional do BNG.
4. Cristina Ferreiro López. Enfermeira no Hospital Xeral de Lugo. Sindicalista. Foi secretaria da Xunta de Persoal do Complexo Xeral Calde.
5. Xosé Chorén Vázquez. Funcionario de Correos. Lugo. Membro do Consello Nacional do BNG.

PONTEVEDRA
1. Carme Adán (Vigo)
2. Bieito Lobeira Domínguez. Deputado do BNG na pasada lexislatura. Secretario de Acción Social da Executiva Nacional do BNG.
3. Carme Da Silva Méndez. Licenciada en Químicas. Tenente Alcalde delegada da área de Medio Ambiente e Accesibilidade de Pontevedra. Vicerresponsábel local.
4. Xosé Ramón Paz Antón. Colaborador do goberno municipal do Porriño. Músico.
5. Modesta Rioboo. Membro do goberno municipal de Moaña. Enfermeira. Ex-presidenta da Plataforma anti-peaxe de Rande.
6. Gonzalo Constenla Bergueiro. Voceiro municipal do BNG na Estrada. Profesor na Universidade de Vigo.
7. Ana Miranda. Responsábel da oficina do BNG no Parlamento Europeo. Membro do Consello Nacional do BNG.

OURENSE
1. Iago Tabarés Pérez-Piñeiro.
2. Tareixa Paz Franco. Deputada Provincial do BNG e voceira municipal en Barbadás. Funcionaria na Administración de Xustiza en Ourense. Secretaria Comarcal da CIG da Federación de Administración Pública en Ourense e membro da súa direcciónl.
3. Antucho Espinosa Suances. Farmacéutico.Responsábel comarcal do BNG en Monterrei. Membro do Consello Nacional do BNG.
4. Teresa Devesa Graña. Profesora de Instituto de Celanova. Allariz. Vencellada ao movimento cultural.
5. Xosé Luís Doval Conde. Médico. Presidente do Colexio Médico de Ourense.


0/5 (0 votos)