Unha elevada taxa de paro, case tres puntos por riba da media, un índice de temporalidade catro puntos por riba da media, os salarios máis baixos e de ata un 14% menos cá media estatal, milleiros de galegos emigrando cara outros puntos do Estado na busca de traballo, moitos con altas cualificacións laborais e formación universitaria... Un feixe de malos indicadores ás portas dunha precampaña electoral onde aínda non xurdiron propostas concretas para solucionar a situación e pouco despois de que a patronal pedira que os salarios non medren. Ao fío, a fenda sindical ten tamén expresión no enfrontamento entre CIG por un lado, e CCOO e UXT pola outra banda, debido aos acordos asinados en Madrid por estas dúas formacións cos patróns, que segundo o sindicato nacionalista "provocan unha constante perda de poder adquisitivo na clase traballadora galega".
Lemas e actividades dos sindicatos: