Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS PARTICIPANTES NA PROTESTA BERRARON "MENOS PROPAGANDA E MÁIS EMPREGO"

Dúas persoas en comisaría tras unha protesta na inauguración de Galimprego

A policía detivo dúas persoas durante a protesta que un grupo de mozas e mozas de Galiza Nova e os CAF realizou durante a intervención do presidente da Xunta, Manuel Fraga, na inauguración de Galiemprego. Tras proxectarse un video sobre os logros da Xunta en materia de emprego, os mozos erguéronse dos seus asentos, despregaron unha pancarta e comezaron a berrar: "menos propaganda e máis emprego". Fraga contestoulles: "máis emprego e menos gamberros". Posteriormente a policía desaloxou as persoas que realizaron a proptesta e conduciron á comisaría a dúas delas: unha por carecer de documentación e outra por supostas agresións a un axente. Segundo os Comités Abertos de Facultade, esta tarde aínda permanece detido un dos participantes na protesta. Os CAF e Galiza Nova organizou unha concentración ás 8 da tarde na Alameda de Compostela para reclamar a liberación do mozo.

- 15:46 28/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)