Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A TAXA DE DESEMPREGO XUVENIL SUPERA O 40%

Galiza Nova denuncia o fracaso do Plan Labora

"O PP xoga co emprego xuvenil como unha mera mercadoría eleitoral, para tentar frear a sua falta de apoio entre a mocidade galega. Mentiras, meias verdades, manipulación dos dados, moitas fotos para os xornais e nengunha solución: esta foi a política en materia laboral para a mocidade do PP até o de agora e o Galiemprego 2005 non é unha escepción", critican as mocidades do BNG, destacando que o número de contratos e os recursos destinados amosan o incumprimento da promesa estrela de Fraga na campaña eleitoral do 2001: garantir un posto de traballo a todos os mozos e mozas desempregados.

- 10:06 28/04/2005
Tags:

Aproveitando a convocatoria do Galiemprego 2005 a organización xuvenil Galiza Nova critica o aumento do desemprego e a precariedade no país e denuncia a "continua campaña de imaxe" do executivo galego para tratar de agochar o incumprimento dos seus compromisos eleitorais. "só un 6% da mocidade atopa a primeira colocación a través do Servizo Galego de Colocación", advirten. Ao fío do foro que a consellería convoca en Santiago, cuestionan a súa necesidade toda vez que os debates que acolleron nas edicións anteriores "non supuxeron nengunha variación na política da Xunta con respeito á situación laboral da mocidade galega".

O colectivo lembra que Manuel Fraga anunciara na pasada campaña eleitoral que lle ía garantir a todos os mozos e mozas desempregados, menores de 30 anos e sen experiencia laboral, un contrato de traballo de duración mínima dun ano, compromiso incluído no decreto que regula o bautizado Programa Labora. Segundo destacan "para cumplir tal obxectivo a Xunta calculaba que cada ano se contrarían entre 7500 e 8000 persoas, prometendo adicar ao mesmo 240 millóns de euros durante a actual lexislatura. Os últimos dados sitúan lonxe este obxectivo, tanto no número de contratos, como nos recursos destinados."

Recordando que "tanto o Plano de Emprego Xuvenil do 93 como o Plano de Acción Xove, foron anunciados a poucos dias de procesos eleitorais autonómicos e o Plano Labora foi feito público nun mítin eleitoral", dened Galiza Nova afirman que "mentiras, meias verdades, manipulación dos dados, moitas fotos para os xornais e nengunha solución" foi a política en materia laboral para a mocidade do PP até o de agora "e o Galiemprego 2005 non é unha escepción".


Ligazóns

0/5 (0 votos)