Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

Palmou: "Evítase que a crispación se prolongue ata outubro"

O secretario xeral do PPdeG, Xesús Palmou, considerou que a convocatoria das eleccións autonómicas para o 19 de xuño é "un grande acerto" por parte do presidente da Xunta, Manuel Fraga, porque "evita que a tensión e a crispación se prolonguen ata outubro".

- 11:22 21/04/2005
Tags:

Palmou puntualizou que "realmente o que fixo Fraga foi fixar a data e non houbo ningún adianto". Neste sentido, sinalou que "é exactamente o mesmo que se celebren en xuño que en outubro" xa que "está esgotada a lexislatura".

Rexeitou que a convocatoria dos comicios electorais para xuño prexudique o seu partido, xa que a decisión "a toma o presidente en función do que cree máis conveniente para Galicia e non para os partidos políticos".


0/5 (0 votos)