Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

Fraga di que convoca eleccións polo "ambiente de crispación" que ve na sociedade galega

A inédita detección de síntomas de "crispación" que o presidente da Xunta di ver na sociedade débese na súa opinión a que Galiza foi "claramente discriminada" polo goberno central, e a que o debate sobre o modelo territorial aberto polo executivo de Zapatero estaría creando unha "sensación de desacougo". Fronte a iso, a decisión de Manuel Fraga é "darlle a palabra ao pobo".

- 12:07 21/04/2005
Tags:

Manuel Fraga, que subliñou que el era partidario de esgotar o mandato deica outubro pero que estes argumentos parecéronlle "razoábelmente importantes" para o adianto, dixo que finalmente houbera unanimidade no goberno autonómico para fixar a data da votación para o 19 de xuño próximo. Fraga anunciou tamén que o PP dispón de sondaxes internas que amosas unha importante mellora das expectativas de voto do seu partido, aínda que precisou logo que "iso non influiu para decidir o adianto".

"Non foi casualidade nomear dous vicepresidentes e o establecemento de mecanismos de flexibilización no partido", comentou ao fío do debate sucesorio, insistindo en que esta será a última vez que sexa candidato do partido e que de gañar dirixirá o proceso de nomeamento do sucesor, puntualizando que a dirección do PP en Madrid será consultada pero "non vai impoñer nada".


0/5 (0 votos)