Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

José Blanco: "O PP quere evitar unha sangría de votos"

O secretario de Organziación e Coordinación do PSOE, José Blanco, aseguraba esta mañá que o anticipo electoral respondía a unha estratexia do PP de Madrid para "evitar unha sangría de votos e unha derrota estrondosa".

- 10:28 21/04/2005
Tags:

Blanco afirmou tamén que segundo as enquisas que manexa o PSdeG esta forza está en disposición de converterse na primeira forza política galega. "O Partido Socialista está preparado para gobernar" asegurou Blanco, "xa que hai unha pulsión de cambio moi importante".

Sobre a situación do Bloque Nacionalista Galego e o feito de que as dúas forzas chegaran logo das eleccións a un posible pactod e goberno José Blanco asegurou que a intención dos socialistas de Galicia é a de gobernar en solitario.


0/5 (0 votos)