Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

Estratexia "popular": se lle convén ao PP, "convenlle a Galiza"

Facendo concesións, botando parches, afrouxando tensións e adiando o debate real do fervedoiro do partido para despois das eleccións, Fraga leva meses enterrando en falso a crise interna e resistindo todas as presións internas e externas para o adianto electoral. Velaquí unha escolma das súas declaracións ao respecto neste tempo.

- 10:26 21/04/2005
Tags:

  • 22 de setembro de 2004
    (en plena crise co sector baltarista) "Non semella especialmente aconsellábel anticipar a cita coas urnas (...) o grupo parlamentario segue funcionando (...) na vida non hai máis ca unha cousa irrevogábel que é a morte"

  • 4 de outubro de 2004
    "Foi algo no que se pensou por se fose necesario (o adianto electoral), pero en definitiva non é obxetivo en si mesmo"

  • 5 de novembro de 2004
    "A administración galega funciona a todo gas (...) Seguirei se deus quere e vostedes non me acaban coa paciencia"

  • 3 de febreiro de 2005
    "Teño por costume esgotar os mandatos"

  • 10 de marzo de 2005
    "Faranse dentro dos prazos establecidos (...) puiden aproveitar para adiantalas, pero creo que non estamos para iso"

  • 18 de abril de 2005
    "As eleccións serán convocadas cando creamos que lle convén a Galiza (...) se é oportuno adiantalas para o PP, a Galiza convenlle o PP"


  • 0/5 (0 votos)