O portavoz nacional do BNG e candidato á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, asegura estar "tremendamente encantado" co anuncio de Manuel Fraga de convocar as eleccións para o vindeiro 19 de xuño, posto que "canto antes remate a agonía deste Goberno será mellor".
Anxo Quintana asegurou tamén que non lle sorprendeu a decisión do presidente da Xunta de adiantar a data electoral debido a que "xa hai tempo que estamos acostumados á súa manipulación" que neste caso se centra en utilizar as datas "no seu beneficio" aínda que tamén "será a súa penintencia" non só porque "os electores elexiran libremente" senón tamén porque o BNG é o partido que sae á campaña "mellor preparado xa que están decididos os cabezas de lista".
Quintana instou tamén ao actual presidente da Xunta a que "asuma a realidade" e fale das condicións nas que se presenta como candidato, "que dea a cara en favor da democracia e da transparencia y que deixe de lado a mentira e a falisficación porque os galegos teñen dereito a saber en que condicións se presentan todos os candidatos á presidencia".
Sobre a existencia dun crise no BNG Quintana afirmou que o partido "é agora mesmo unha máquina unida e cohesionada preparada para traballar por un futuro presidente nacionalista á fronte da Xunta".