Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

19-X: Menos de dous meses para as últimas eleccións da era Fraga

Fraga despexou a incógnita e confirmou que convocará eleccións autonómicas o domingo 19 xuño, catro meses antes do final da lexislatura. É a primeira vez desde 1989 que Fraga utiliza a súa potestade como presidente da Xunta para adiantar os comicios, unha decisión que nos últimos meses rexeitara arreo. Tanto a dirección do PP como a maioría dos homes fortes do PPdeG recomendáronlle a Fraga que non adiase por máis tempo a convocatoria de eleccións. Fraga afirmara o pasado luns que tomaría a decisión "cando lle conveña a Galiza", aínda que inmediatamente asegurou que o que lle convén a Galiza é que o PP siga gobernando a Xunta. Cabe pensar, polo tanto, que o PP manexa enquisas que o volven situar preto da maioría absoluta. Para o PSOE, o adianto electoral ten que ver co feito de que en outubro xa se coñecería o proxecto de orzamentos xerais do estado para 2006 que o executivo de Zapatero podería utilizar para anunciar importantes investimentos en Galiza.

  • Os motivos de Fraga: o "ambiente de crispación" que ve na sociedade galega. Poden escoitalos no mp3 da rolda de prensa
  • Reaccións: Anxo Quintana (BNG); Emilio P. Touriño (PSdeG); Xosé Blanco; (PSOE); Xesús Palmou (PP)
  • Sondaxes: O PP recupera espazo logo de enfrontarse a perdas de ata seis escanos
  • Listas electorais: Perfilando as candidaturas
  • A campaña na rede: BNG e PSdeG en precampaña internáutica mentres polo PP só asoman as "boinas"
  • Especiais de Vieiros:
  • Cara un novo mapa político en Galiza, unha análise logo das eleccións do 14-M
  • Está esgotado o dominio do PP en Galiza?, escáner da crise do PPdeG
  • Mar de vento ou mar de fondo?, dossier sobre a XI Asemblea do BNG
  • Agora Galiza?, todo sobre o último congreso do PSdeG-PSOE

  • - 11:36 21/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)