Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

BNG e PSdeG en precampaña internáutica mentres polo PP só asoman as "boinas"

A web oficial do PPdeG apenas rexistrara actividade dende as eleccións autonómicas de hai catro anos, e dende hai meses permanece morta na rede. Así, e mentres os últimos sinais de vida foron, e hai xa tempo, os do PP ourensán e lugués, os simpatizantes da dereita galega debaten das revoltas do partido no espazo non oficial PPdeG.com. Mentres, o BNG actualiza diariamente a súa web e o PSdeG presentou hai pouco un renovado sitio e máis recentemente unha web propia para o candidato Touriño. De xeito paralelo, dende o ámbito nacionalista chegou á rede o espazo de debate Foro Novo Estatuto, e vencellados aos socialistas e ás súas propostas de reforma estatutaria están Movemento polo Cambio e a Fundación Iniciativas 21. Máis no Buscador de Vieiros

  • Anteriores: Rumor de urnas na rede galega

  • - 09:42 21/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)