Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SONDAXES ELECTORAIS

O PP recupera espazo logo de enfrontarse a perdas de ata seis escanos

En plena precampaña electoral lanzada dende hai semanas, as enquisas electorais internas do PP semellan volver chimpar cara a seguridade da maioría absoluta. Nos últimos meses e dende a crise aberta coa rebelión ourensá, as avaliacións encargadas para consumo interno e filtradas aos medios en diversas ocasións chegaron a advertir á dirección dos populares galegos de perdas máximas posíbeis de ata seis asentos no Parlamento galego. A última sondaxe pública coñecida, a realizada por un equipo de investigación da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago, poñía ata dezaseis puntos por riba o apoio conxunto a nacionalistas e socialistas sobre a intención de voto rexistrada polos populares. Traducidas a escanos, esas porcentaxes daríanlle 34-35 escanos ao PP, 23-24 a PSOE e 17 a BNG.

  • O PP perdería ata sete escanos: o inquérito do Barómetro Galego 2004
  • Ampla vantaxe para a suma BNG-PSdeG; última sondaxe na prensa galega

  • - 10:56 21/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)