Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

Fraga decidiu adiantar as eleccións galegas para o 19 de xuño, segundo a Cadena Ser

O presidente da Xunta decidiu adiantar as eleccións galegas e convocalas para o vindeiro 19 de xuño, segundo a Cadena Ser que cita fontes próximas ao Partido Popular. Segundo esta emisora, Fraga foi obxecto de presións por parte da dirección do PP en Madrid e dalgúns membros do seu partido para que reconsiderase a súa intención de esgotar a lexislatura. O presidente da Xunta podería confirmar mañá, despois do Consello da Xunta, a data das eleccións, aínda que ten prazo para comunicar esta decisión até o vindeiro luns. Un comunicado da Secretaria Xeral de Relación cos Medios, sinala que Fraga "non tomou decisión algunha respecto da celebración das eleccións autonómicas galegas". A intención de Fraga é, segundo fontes da Xunta, aproveitar o Consello de mañá para consultar cos membros do seu goberno a posibilidade do adianto electoral. Esta mañá, Fraga despachou cos dous vicepresidentes e varios conselleiros e colaboradores para analizar a conveniencia de convocar os comicios autonómicos o 19 de xuño.Segundo a lei electoral, o decreto de convocatoria debe ser asinado polo presidente da Xunta entre o día 54 e o 60 anterior aos comicios e non é preciso que sexa aprobado polo Consello da Xunta.

  • Anteriores:
  • Beizón a Fraga da dirección do partido para o adianto electoral
  • Pita prepara o camiño para un posíbel adianto electoral

  • - 15:01 20/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)