O novo papa, Bieito XVI, expresou na homilia da primeira misa que preside logo da súa elección que o traballo "pola unidade dos cristiáns" será un dos compromisos do seu pontificado. Ratzinger lembrou en varias ocasións a herdanza de Xoán Paulo II e insistiu en que, tal e como sinalara Wojtyla, o Concilio Vaticano II "é a guía para orientarse no terceiro milenio", xunto, precisou o novo papa, "coa fidelidade bimilenaria á Igrexa". Para Ratzinger, Xoán paulo II "deixa unha igrexa máis libre, máis nova, unha Igrexa que mira con fe cara o futuro e con serenidade cara o pasado".