Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POSÍBEL CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS PARA XUÑO

Beizón a Fraga da dirección do partido para o adianto electoral

"Non llo direi a ninguén ata que asine o decreto". Así de celoso sobre as súas reflexións arredor da probábel aceleración do calendario electoral se amosaba este martes o presidente da Xunta. Sen avanzar ren sobre a posibilidade, Manuel Fraga tería como prazo máximo deica o próximo martes para poñerlle data ás eleccións autonómicas no próximo 19 de xuño. Acostumados aos cambios decisorios do presidente e á preparación do escenario por parte dos seus colaboradores, como xa aconteceu no seu día co propio anuncio da súa repetición coma candidato do PPdeG, as declaracións este martes do conselleiro de Presidencia insinuaban xa o adianto electoral. Ao tempo, dende Madrid, Mariano Rajoy tamén lle tería recomendado a Fraga ese adianto. Os argumentos: a presunta debilidade da oposición logo da saída aos medios do debate interno do BNG sobre Beiras e a estratexia de enfrontamento cara o PSOE polo Plan Galiza.

  • Anteriores: Pita prepara o camiño para un posíbel adianto electoral

  • - 06:00 20/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)