Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BENEDICTO XVI

Escolma de frases e escritos de Joseph Ratzinger

Acusado polos sectores máis críticos por ter perseguido calquera disidencia na Igrexa e esforzarse en frear todo asomo de debate interno, achegámoslles algúns estractos do pensamento de Joseph Ratzinger, moi influínte dende hai anos entre o catolicismo.

- 07:14 20/04/2005
Tags:

"Histórica e culturalmente, Turquía pouco pode compartir con Europa, polo que, con todo o respecto que teño con ese país, sería un grande erro incorporala á Unión Europea" (Setembro do 2004)

"A Congregación da doutrina da fe vese obrigada a declarar polo ben dos fieis católicos que as posicións de sor Jeannine Gramick e do Padre Robert Nugent, no que se refir ao mal intrínseco dos actos homosexuais e á desorde obxetiva da inclinación homosexual, son doutrinalmente inaceptábeis en canto que incompatíbeis co ensino claro e constante da Igrexa católica sobre o particular" (Xullo 1999)

"Sen castidade e xexún a Igrexa xa non é Igrexa, mergúllase na historia" (1985)

"Hai unha radicalización evidente do laicismo, do secularismo, que se opón á presenza da fe na nosa sociedade. Laicismo e secularismo que queren sectarizar a fe católica, por así dicir, e reducir a Igrexa católica ao estado de secta" (Abril 2005)

"(Sobre o matrimonio homosexual) aquí ocorre algo devastador, as bases da sociedade póñense en cuestión. A célula básica da sociedade ponse en cuestión (...) a célula básica de toda sociedade, pre ou pos cristiá, é a convivencia entre home e muller" (Abril 2002)

"Unha sociedade na que Deus é absolutamente ausente, autodestrúese. Xa o vimos nos grandes rexímenes totalitarios do século pasado"

"(Sobre a homosexualidade) debemos ter un gran respecto por estas persoas, que tamén sofren e que queren vivir de modo xusto. Por outra banda, crear agora a forma xurídica dunha especie de matrimonio homosexual, en realidade non lle axuda a estas persoas"

"(Sobre a lei española que autoriza o matrimonio homosexual) é destrutiva para a familia e para a sociedade. O dereito crea a moral ou unha forma de moral, xa que a xente normal habitualmente pensa que o que afirma o dereito é moralmente lícito". (Novembro 2004)

Outros:
"Só na Igrexa católica existe a salvación eterna"

"O rock é expresión de paixóns elementais que nas grandes concentracións musicais adoptaron caracteres culturais, isto é, de contraculto, do que se opón ao cultó cristián"

"Sen ánimo de condear a ninguén, é evidente que hoxe a ignorancia relixiosa e tremenda, chega con falar coas novas xeracións"

"Estamos avanzando cara unha dictadura do relativismo, que non recoñece ningunha certeza e que ten coma principal obxetivo o propio ego e os propios desexos"


0/5 (0 votos)