Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO PAPA DOS CATÓLICOS

Os cardeais elixen a Ratzinger, o representante da liña máis conservadora da Igrexa Católica

O prefecto do antigo Santo Oficio, o bávaro Joseph Ratzinger, de 78 anos, é o novo papa da Igrexa Católica. Despois de só dous días de votacións, cando menos os dous terzos dos 115 cardeais optaron polo representante da liña máis ortodoxa da Igrexa Católica. O novo papa escolleu o nome de Bieito XVI. É o primeiro papa alemán desde hai 500 anos. O último papa Benedictus, o XV, chamábase Giacomo della Chiesa e ocupou a cadeira do Vaticano entre os anos 1914 e 1922. A elección de Ratzinger é unha vitoria dos sectores máis tradicionais da Igrexa e unha decepción para aqueles colectivos eclesiais que esperaban un papa que empredese un proceso de reformas tanto na estrutura xerárquica da igrexa como en cuestións de doutrina moral. O colega de Ratzinger na Universidade de Tubinga durante tres anos, e un dos reprimidos pola xestión do novo papa do "depósito da fe", o teólogo Hans Küng, recoñeceu que a elección de Bieito XVI é unha "desilusión" para moitos católicos que esperaban "un papa pastoral e de reformas".

  • Biografía do novo papa
  • Web do Vaticano e da Congregación para a Doutrina da Fe.
  • Frases e escritos de Joseph Ratzinger
  • Escolma de textos e intervencións de Raztinger
  • Páxinas sobre Ratzinger: Club de fans, con camisetas e puchos do novo papa e sobre o seu labor no Santo Oficio
  • Sae fume branco da chimenea do Vaticano: hai novo Papa

  • - 08:23 20/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)