Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREPARACIÓN DAS MOBILIZACIÓNS DO PRIMEIRO DE MAIO

ENCE e Valeo abren fenda na unidade sindical galega

"Máis emprego estábel, mellor protección social", é lema da convocatoria conxunta que realizan as direccións dos sindicatos UXT e CCOO en Galiza. Baixo esa idea irán xuntos no acto central de Vigo e noutras cidades galegas, agás Pontevedra e Ourense, onde os conflitos arredor das factorías de Valeo e ENCE non permitirán a unión. De xeito paralelo, dende a CIG confirman tamén que convocarán as súas propias mobilizacións para este día, visto o distanciamento que estarían atopando fronte ás posturas presuntamente menos esixentes das outras forzas sindicais nas mesas de negociación. Moi especialmente, dende a Confederación Sindical Galega critican o pacto de contención salarial consensuado por UXT e Comisións con goberno e patróns en Madrid, e denunciado coma "paso atrás" dende a CIG.
Anteriores:

  • No 2004, por separado pero con obxetivos comúns
  • Os parados galegos, os peor pagados
  • O conselleiro de Economía propón frear os soldos para aumentar a competitividade
  • Preto da metade dos traballadores galegos, en precario

  • - 11:24 19/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)